Hoxe temos ·  🗓️ · →

A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira–Os Castros expresa a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros expresa o seu máis sentido pésame ás familias e persoas achegadas ás vítimas mortais do accidente ferroviario ocorrido esta mañá en Toledo, así como o seu apoio e desexo dunha pronta recuperación ás persoas feridas.

A asociación súmase á convocatoria realizada polo Concello da Coruña para este mércores, ás 20.00 horas, na praza de María Pita, como mostra de solidariedade e apoio ás familias afectadas.

Trasladamos o noso agarimo e solidariedade a todas as persoas que están a sufrir as consecuencias desta traxedia.

Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros