Carteis históricos

Un repaso visual aos nosos carteis

Ao longo destes cincuenta anos de vida, a asociación creou centos de carteis para anunciar festas, actos culturais, proxeccións, campañas e mobilizacións veciñais. Son imaxes que acompañaron a historia do barrio, que contribuíron a construír comunidade e que hoxe forman parte da nosa memoria e identidade colectiva.
Nesta sección recollemos unha escolma dos carteis conservados no noso arquivo: unha memoria gráfica que narra, á súa maneira, medio século de vida comunitaria.
Xunto a eles incorporamos tamén exemplares máis antigos ca propia asociación, recuperados grazas aos fondos custodiados en distintas bibliotecas e arquivos, que nos permiten afondar na historia visual e social do barrio.