ROTEIRO VECIÑAL POLA RONDA PEONIL

O sábado 19 de setembro, dentro do programa da Semana Europea da Mobilidade, a Federación de Asociacións organiza coas asociacións de Sagrada Familia, Mallos-Plataforma, Barcarola de Catro Camiños e Oza-Gaiteira-Os Castros e en colaboración con Concello da Coruña o roteiro veciñal pola rolda peonil.

Este roteiro contará con diferentes accións de dinamización e participación deseñadas pola Federación e as entidades ao longo da ruta e, asemade, contará co acompañamento da A.C. Donaire durante todo o traxecto.

Sairemos ás 11:00 h. dende a biblioteca municipal de Sagrada Familia e faremos unha ruta pola rolda peonil que une diferentes barrios.