O proxecto

Recuperar a historia asociativa do barrio

A piques de cumplir 50 anos de existencia, a Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros promove, co apoio do Concello da Coruña un ambicioso proxecto destiñado a recopilar a historia asociativa do barrio coma motor para os diversas melloras que se produciron no barrio neste tempo.

O proxecto “Facendo barrio, facendo historia” nace cunha fonda raíz na evolución do noso contorno. A historia do actual barrio remóntase a 1912, cando A Coruña incorporou o antigo concello rural de Santa María de Oza. Co crecemento urbano acelerado dos anos 60, este territorio transformouse de xeito irreversible, o que supuxo a perda de elementos identitarios fundamentais como o río Monelos, a praia do Lazareto ou o lavadoiro de San Diego.

Esta rápida urbanización deixou tras de si importantes carencias en servizos básicos (falta de luz, sumidoiros ou beirarrúas), o que impulsou aos veciños a organizarse. Así, en 1977, fúndase a Asociación Veciñal e Cultural Oza Gaiteira Os Castros para liderar as reivindicacións e protexer o patrimonio local, centrandose estas na consecución de infraestructuras básicas para o barrio, a protección do patrimonio e a consecución de espazos de lecer.

Coincidindo coa proximidade do seu 50 aniversario no ano 2027, esta iniciativa busca recuperar e difundir esa memoria social e cultural dende a fundación da asociación ata hoxe. A través da recompilación de testemuños, imaxes e materiais audiovisuais, o proxecto constrúe un legado público para:

  • Conectar as distintas xeracións, achegando a historia do antigo concello e do barrio actual á mocidade a través da memoria familiar.
  • Reforzar o sentimento de pertenza e o orgullo de identidade veciñal fronte a retos como a xentrificación.
  • Pór en valor o tecido social, concienciando sobre a importancia da participación colectiva no coidado do espazo común.

Este proxecto será unha ferramenta activa para construír o futuro do barrio sobre os alicerces da súa propia historia. O camiño cara ao 50 aniversario culminará na creación dun arquivo dixital público, un xeomapa interactivo do barrio e unha peza documental que recollerá as voces protagonistas destes cincuenta anos de loita e convivencia.