Un repaso visual aos nosos carteis
Ao longo destes 50 anos de vida, a asociación creou centos de carteis para anunciar festas, actos culturais, proxeccións e mobilizacións veciñais. Son imaxes que acompañaron a nosa historia, que axudaron a facer barrio e que hoxe forman parte da nosa identidade colectiva. Nesta sección recollemos unha escolma dos carteis que conservamos no noso arquivo, unha memoria gráfica que conta, á súa maneira, medio século de vida comunitaria.





























