Dende 1977, a Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros está presente no barrio: escoitando ás veciñas e veciños, denunciando inxustizas, botando unha man cando fai falta e buscando solucións xuntos e xuntas. Máis de cincuenta anos de historia que son, ante todo, a historia dun barrio que non fica quieto.
Somos unha asociación de base, formada por persoas do barrio e para o barrio. Traballamos de forma colectiva para mellorar a calidade de vida en Oza-Gaiteira-Os Castros, desde un espazo aberto ao debate crítico e constructivo, onde todas as voces teñen cabida e as decisións se toman de maneira democrática e transparente.
Cremos na forza do tecido asociativo e na colaboración como motor de cambio. Por iso sumamos esforzos con outras asociacións veciñais e entidades, porque sabemos que xuntos chegamos máis lonxe. Defendemos a xustiza social, a protección do medioambente, o desenvolvemento económico sostible, o patrimonio do barrio e a cultura e a lingua propias deste país.

A nosa asociación é tan forte como as persoas que a forman. Grazas ao traballo voluntario e ao compromiso de quen dedica parte do seu tempo á intervención social, puxemos en marcha unha ampla programación de actividades para todos os perfís e idades do barrio, ao longo de todo o ano. Se queres contribuír, aquí tes o teu espazo.
O noso local
No 2025 a asociación abriu o seu novo local situado na Avenida do Exército, 52 1º esquerda, un local amplo e luminoso no que contamos con aula de informatica, arquivo zona de reuniones e biblioteca e espazo de actividades.
ACTIVIDADES CURSO 2026/2027
Aberto o prazo de preinscripción nas actividades do curso 2026/2027, As persoas interesadas poden formalizar a súa preinscrición ou solicitar máis información na sede da asociación. Todas as actividades están condicionadas á formación dun grupo mínimo de participantes e que, con carácter xeral, desenvolveranse entre os meses de outubro e xuño.
Taller de memoria
Taller de memoria
Teatro
Teatro
Ioga
Ioga
Zumba
Zumba
Pilates
Pilates
Lingua de signos
Lingua de signos
Manualidades
Manualidades
Conciliación familiar e apoio escolar
Conciliación familiar e apoio escolar
Guitarra
Guitarra
Bailes de salón
Bailes de salón
Horario pendente de confirmar
Pandereta
Pandereta
Italiano
Italiano
Adestramento funcional
Adestramento funcional
Gaita
Gaita
Violín e acordeón
Violín e acordeón


