Dende un instituto dos Castros á cúspide do futsal femenino.
Ano de fundación: 1984
Ano de desaparición: 2005 (fusión co Viaxes Amarelle FSF)
Palmarés:
1 Campeonato galego de deporte escolar da Xunta de Galicia (1984-85)
1 Subcampeonato da liga da Coruña (1984-85)
1 Subcampeonato do Trofeo Teresa Herrera (1984-1985)
3 Ligas local, provincial e rexional (1985-86, 1986-1987, 1987-88)
4 Copas de A Coruña (1985-86, 1986-87, 1987-88, 1989-90)
4 Trofeo Teresa Herrera (1985-86, 1986-87, 1987-88, 1988-89)
1 Trofeo IV Centenario María Pita (1989-90)
4 Subcampeonatos copa de SS.MM La Reina (1989-90, 1990-91, 1992-93, 1993-94)
1 Trofeo internacional Ciudad de Lisboa (1990-91)
1 Trofeo internacional Ciudad de A Coruña (1990-91)
4 Subcampeonato Liga Nacional División de Honor (1990-91, 1991-92, 1993-94, 1996-97)
1 Copa de SS.MM La Reina (1991-92, 1996-97)
1 Trofeo SEUR (1992-93)
1 Juegos universitarios internacionales da Maia (1992-93)
1 Trofeo Cidade de Chaves (1992-93)
1 Liga Nacional de División de Honor (1992-93)
2 Primera División Femenina de Fútbol Sala (1994-95, 1995-96)
2 Copa Ibérica (1993-94, 1995-96)
1 Copa de España (1994-95)
2 Trofeo internacional Superbowl (1995-96, 1996-97)
RRSS: –

O Club Sal Lence naceu do desexo de varias nenas de practicar o fútbol sala como actividade extraescolar; No ano 1984, non existían equipos nin torneos mixtos no fútbol base, e foi Victor Sieiro quen decidiu dar un paso adiante e constituir un equipo feminino de fútbol sala no instituto Sal Lence dos Castros, o talento das súas xogadoras fixo que xa nas súas dúas primeiras tempadas conseguiran alzarse cun campionato galego de deporte escolar, unha copa da Coruña e un trofeo Teresa Herrera, ademáis de sair campionas nas ligas local, rexional e provincial.
Ante este éxito, na tempada 1987-88, tan so tres anos despois da súa fundación, inscribense na Liga Nacional División de Honor, acadando xa nesa primeira tempada o 4º puesto, que repetirían ao ano seguinte. Na tempada 1989-90 quedaronse as portas do seu primeiro título nacional ao conseguir o subcampeonato da copa de SS.MM La Reina, e o mesmo acontecería na 1990-91, onde tamén quedarían 2as no campionato de Liga; ata tres xogadoras (Ana Silva, Beatriz Seijas e María Varela) serían chamadas ese ano para representar á selección española.
Á seguinte tempada (1991-92), quedarían 2as nunha Liga que se decidiu polo gol average, xa que quedaron empatadas a puntos co campión, máis tras dous subcampionatos consecutivos, conseguiron o primeiro título nacional do equipo: a copa de SS.MM La Reina; en menos de 10 anos o Sal Lence pasou de ser un equipo de instituto xogando nas ligas locais a ter un título nacional.
Curiosamente acontecería o mesmo co campionato de Liga, tras dous anos consecutivos conseguindo o subcampionato, na tempada 1992-93 proclamaríanse campionas de Liga, ademáis de xogar o torneo SEUR co Deportivo da Coruña e 5.000 personas na grada, gañar o trofeo Cidade de Chaves, os Juegos Universitarios Internacionales da Maia (Portugal), e ser novamente subcampionas da Copa de SS.MM La Reina.
Como campionas da Liga a tempada anterior, disputaron a copa Ibérica, que enfrontaba ás campionas de Portugal cas de España, conseguindo o trofeo, e quedandose novamente as portas da Copa de SS.MM La Reina e en 2º lugar na Liga. En 1994 crease a Primera División Femenina de Fútbol Sala, organizada polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol, e o Sal Lence consigue facerse ca victoria na súa primeira edición (1994-1995) gañando tamén a terceira edición da Copa de España.
A tempada seguinte, como campionas de Liga, volven disputar a copa Ibérica e gañala, e disputan o torneo internacional Superbowl, premiado con un millón de pesetas que gañaran tamén ao ano seguinte.
Pouco a pouco acadase un grado de semiprofesionalización no fútbol sala feminino difícil de asumir económicamente, pois o presuposto do clube, a pesares dos éxitos deportivos e que as xogadoras non cobraban por xogar, sempre foi moi precario, ao tempo as integrantes do equipo comezan a recibir ofertas de outros clubes, e o clube comeza a entrar en declive. Un terceiro posto en Liga e a non clasificación para a copa na tempada 1997-1998 marcarán o fin dunha traxectoria brillante de 18 anos.
Para a temporada seguinte, Victor Sieiro decide subir ao 2º equipo do clube a xogar en División de Honor, pero o salto dende a Liga local á División de Honor é moi grande, e na tempada 1998-1999, descenden a Liga autonómica a pesares de contar con moi boas xogadoras coma Eva Manguan, que ainda hoxe encabeza a taboa histórica de máximas goleadoras da primeira división feminina de fútbol sala e foi distinguida en 2007 como a mellor xogadora do mundo nos UMBRO Futsal Awards.
Tras esta etapa gloriosa, a situación económica do clube comenzou a resentirse, facendose complicado manter o equipo, e así no ano 2005, fusionase co equipo Viaxes Amarelle de Santa Comba, que trasladase a Coruña, pero perde a súa vinculación co barrio e o instituto.
Eva Manguan, xogadora daquel equipo na tempada 1998-1999 encabeza ainda a día de hoxe a táboa histórica de máximas goleadoras da primeira división feminina de fútbol sala, e foi distinguida como mellor xogadora do mundo en 2007 nos UMBRO Futsal Awards, mentres que outra antiga xogadora , coma Sofía Candela é a terceira.
Deja una respuesta