Conversatorio para xerocultoras e auxiliares de residencias de personas maiores
22 junio 17:00

O proxecto de investigación da Universidade da Coruña sobre cuidados en residencias de ancianos (CuidaRes), organiza, en colaboración ca Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros, un conversatorio para compartir experiencias, preocupacións e formas de afrontar o día a día no traballo, aberto exclusivamente a xerocultoras e traballadoras de residencias de persoas maiores. Ofrecese remuneración económica pola participación. Máis información no teléfono 639 92 23 79