ASOCIACIÓN VECIÑAL OZA-GAITEIRA-OS CASTROS

Benvidas e benvidos á páxina oficial da Asociación Veciñal Oza–Gaiteira–Os Castros.
Este espazo nace coa vontade de ser un punto de encontro para todas as persoas que forman parte dos nosos barrios. Aquí queremos compartir información, promover a participación veciñal e fortalecer os lazos que nos unen como comunidade.
A nosa asociación traballa dende 1977 día a día para mellorar a calidade de vida en Oza, A Gaiteira e Os Castros, defendendo os intereses comúns, impulsando actividades culturais, sociais e ambientais, e dando voz ás necesidades da veciñanza.
Convidámoste a formar parte deste proxecto colectivo. A túa participación é fundamental para construír uns barrios máis vivos, solidarios e inclusivos.
Grazas por visitarnos e por contribuír a facer comunidade.