PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL «EL ÚLTIMO RALLY»

O vindeiro 5 de outubro, ás 19:00 horas, proxectarase no Fórum Metropolitano da Coruña o documental «El último rally», sobre o piloto coruñés Carlos Piñeiro, veciño da Gaiteira, dirixido por José Antonio Jiménez.

🎟️ Entrada de balde ata completar aforo.

Unha actividade organizada pola Asociación Veciñal Oza-Gaiteira–Os Castros, coa colaboración do Concello da Coruña.

👉 Agardámosvos! Será unha boa oportunidade para coñecer a historia deportiva dun dos referentes do automobilismo galego. 🏁