Inauguración da exposición “camiños”

O xoves 1 de outubro, ás 18:30 h, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira-Os Castros inauguran no Fórum Metropolitano da Coruña a exposición fotográfica «Camiños», do colectivo Ollo de Vidro.

Unha mostra que nos invita a reflexionar sobre os camiños que percorremos na vida, a convivencia, a diversidade, a igualdade e a importancia de avanzar xuntos.

📅 Xoves, 1 de outubro
🕡 18:30 h
📍 Fórum Metropolitano – R/ Río Monelos, 1

Participan: Lestonnac Ibáñez, Manolo Graña, Eduardo Castro, Raúl Castro e Calros Silvar.