O venres 2 de outubro no IES Monte das Moas fixose a proxección do documental sobre Xosé Velo “Expediente Velo” impulsada pola Asociación de veciños Oza-Gaiteira-Os Castros dentro do seu proxecto “Facendo barrio. Facendo historia”, en colaboración co Concello da Coruña. Ao mesmo tempo colocouse a exposición sobre o polifacético político (mestre, orador, activista…).
Estiveron presentes o director do documental, Aser Álvarez, Conchita Otero Castelao (filla de Mariano, amigo de Velo), Loliña Mosquera (filla de Mosquera, o vello dos contos), Mari Pili (sobriña de Víctor, fillo de Xosé), Siro (caricaturista) e Paulo Sexto (presidente da Asociación).








