Un negocio tradicional que resiste aos cambios dos tempos
Ubicación: Ronda de Outeiro, 17
Apertura: 9 de novembro de 1964
En novembro de 1964 anunciabase a apertura das modernas instalacións da Ferretería Coruñesa, en Ronda de Outeiro, 23, vendendo loza, cristal e ferraxería, sen embargo apenas 7 meses depois o fundador de esta ferraxaría falecería, polo que a familia buscaría o traspaso da mesma a partires de maio de 1965; é entón cando Ángel Roberto Hernando, emigrante retornado de Alemaña, colle o traspaso desta ferraxaría na Gaiteira que comeza a rexentar o 6 de outubro de 1965, hoxe, máis de 60 anos despois é unha das máis antigas da cidade en funcionamento nun barrio, xa que moitas ferreterías ante o auxe de grandes superficies e hipermercados, foron pechando.
Nos seus inicios o negocio xiraba arredor do menaxe, máis pronto ampliaron o negocio cara a as lámpadas e a cristalería, chegando a facer deseño propio e sendo un dos negocios pioneiros en admitir listas de boda, sen olvidarse da ferraxería tradicional. Hoxe en día é o fillo de Ángel quen sigue rexentando este negocio senlleiro do barrio.