Unha propietaria de record
Ubicación: Avenida do pasaxe, 55
Apertura: 1980
Peche: 2020
Dolores Agra comenzou a traballar sobre 1955 con 14 anos debido á situación precaria da súa familia, aos poucos meses da súa vida laboral, entrou en confecciones Pascual, na rúa Bailén, tras 25 anos traballando por conta allea, decidiu abrir o seu propio negocio situado na avenida do pasaxe, e adicado á lencería feminina, ainda que pouco a pouco foi ampliando o catálogo e incluindo tamén artigos para home. Estaría detrás do mostrador outros 40 anos, ata a súa xubilación en 2020 convertindose polo camiño na persoa con máis anos cotizados de España, con 64, o que lle valeu en 2016 a medalla de plata ao mérito laboral, outorgada polo Ministerio de Traballo.
