Máis de 50 anos vendendo electrodomésticos no barrio
Ubicación: Avenida de Oza, 25
Apertura: 1974
En 1970, Gerardo Gómez Mosquera abriu Auto‑Radio na rúa Poeta Trillo Figueroa, establecemento que contaba co servizo técnico oficial de Marconi. En 1974 puxo en marcha Auto‑Hogar, na actual Avenida de Oza, adicado á venda de electrodomésticos. Desde o inicio destacou por ofrecer un servizo próximo, de calidade e cunha atención áxil ante calquera problema nos produtos, unha filosofía que lle permitiu manterse durante cincuenta anos malia a irrupción das grandes superficies e das multinacionais que acabaron con boa parte das tendas similares de barrio.
Na actualidade, é a segunda xeración quen continúa á fronte do negocio.