METACO

Unha metalúrxica con moita historia

Ubicación: Rúa da Merced, 13
Apertura: Descoñecida
Peche: Descoñecido

Metalúrgica Coruñesa foi unha empresa metalúrxica con sede inicialmente na rúa da Merced, que tivo participación en varias obras senlleiras da cidade, coma a instalación da fábrica de cervezas Estrella Galicia, os primeiros barcos refrixeradores ou distintos elementos da refinaría. Posteriormente trasladouse cara a Bens.