Presentación do libro “A boca do río” de Alberto Lema

📅 14 de decembro, 2026 🕒 19:00 📍 Biblioteca Forum Metropolitano

Sinopse:

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta obra narra, cunha ollada rigorosa e documentada, a proxección e construción do encoro de Belesar, un momento clave do pasado recente, cando Galicia se enfronta á promesa dunha falsa modernización que chega da man dun réxime autoritario e dunha alianza férrea entre o poder político e o económico.

Acaba de ser galardonada co XLIII Premio Xerais de Novela.

O autor:

Alberto Lema (Bamiro, Vimianzo, 1975) é licenciado en Filoloxía Inglesa e na actualidade traballa na Real Academia Galega. Publicou as novelas «Unha puta percorre Europa» (2008), «Sidecar» (2009), «Da Máquina» (2012) e «Pazo de inverno» (2021), así como os poemarios «Plan de fuga» (2008), «Crónica do chan» (2014) e «Río Grande» (2026). Con «A boca do río» (Xerais, 2026) conseguiu o XLIII Premio Xerais de Novela.