AVISO | A AV OZA-GAITEIRA OS CASTROS PERMANCERÁ PECHADA HOXE 11 DE NOVEMBRO EN APOIO Á FOLGA XERAL. Máis info

A ASOCIACIÓN VECIÑAL E CULTURAL OZA-GAITEIRA–OS CASTROS PECHA O 11 DE NOVEMBRO EN APOIO Á FOLGA XERAL

A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros informa de que o vindeiro mércores, 11 de novembro de 2026, permanecerá pechada durante toda a xornada con motivo da folga xeral.

Desde a Asociación queremos expresar o noso respecto e apoio ao dereito de folga e animar á veciñanza a participar activamente nas mobilizacións e manifestacións convocadas ao longo da xornada.

Consideramos que a participación cidadá e a mobilización colectiva son ferramentas fundamentais para defender os dereitos sociais e laborais, así como para reclamar unhas condicións de vida e traballo dignas.

Animamos a todas as veciñas e veciños a secundar a folga e participar nas mobilizacións convocadas o 11 de novembro.

A Coruña, 9 de novembro de 2026.

A Xunta Directiva
Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros