Faite socio

Ser socio ou socia significa, por 15€ anuais, apoiar un proxecto colectivo que traballa diariamente por mellorar Oza, A Gaiteira e Os Castros, contribuíndo á organización de actividades culturais, á defensa dos servizos públicos, á conservación dos espazos públicos e á promoción da convivencia.

Cada nova alta supón máis forza para representar á veciñanza diante das administracións e maior capacidade para desenvolver novas iniciativas en beneficio do barrio.

As persoas interesadas poden solicitar a súa alta online cubrindo o folla de alta que se pode descargar e entregandola presencialmente na sede ou poñéndose en contacto directamente coa entidade.

A Asociación anima a toda a veciñanza a sumarse a este proxecto común:

“Os barrios constrúense coa participación da súa xente. Faite socio/a e forma parte do cambio.”

Cargando cuenta atrás...