Encontro con Pura Tejelo sobre a súa traxectoria literaria e o conxunto da súa obra

📅 30 de novembro, 2026 🕒 19:00

O vindeiro 30 de novembro as 19:00, a biblioteca do Forum Metropolitano acollerá un encontro coa escritora Pura Tejelo sobre a súa traxectoria literaria e o conxunto da súa obra.

Pura Tejelo Núñez (A Coruña, 1953), licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua e literatura no ensino medio e exerce labores de normalización lingüística e de integración escolar con alumnado inmigrante. Así mesmo, exerceu cargos de xerencia na asociación cultural O Facho da Coruña para a que coordina os Certames de Poesía e Relatos. Publicou nas revista literarias “Dorna”, “Festa da Palabra Silenciada” e “Clave Orión”. Aparece na ”Anthology of Contemporany Galician Women Poets” 1988 de Kathleen March. Tamén colabora no blog Os chanzos (oschanzos.blogspot.com). En 2014 recibiu o segundo premio do Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María e no 2016 o Johan Carballeira de poesía por “A elegancia do século” (Xerais, 2017)