Hoxe temos ·  🗓️ · →

Mesa redonda: razóns para unha folga xeral

📅 5 de novembro, 2026 🕒 19:30 📍 Sede da Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros (Avenida do exército, 52 1º esquerda)

A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros organiza unha mesa redonda para debater sobre cuestións fundamentais como o dereito á vivenda, as condicións laborais e a defensa dos servizos públicos, no contexto da mobilización convocada para o 11 de novembro.

Contaremos coa participación de representantes dos tres sindicatos: UGT, CCOO e CIG, que compartirán as súas reflexións e argumentos.

Queremos contar contigo! Anímate a participar, escoitar, preguntar e compartir a túa opinión. É un tema que nos afecta a todas e todos, e este é un espazo aberto á veciñanza para informarse, debater e participar.