Unha colexio mixto en pleno mirador
Ubicación: Mirador de los Castros, 8 1º
Apertura: 1969
Peche: 1984
Aberta en 1969 como centro de ensino primario oficialmente recoñecido e escola maternal para nenos e nenas de 3 a 5 anos, a súa publicidade tamén anunciaba preparación para bacharelato, reválida, mestría e maxisterio, ademais de cursos de radio e televisión. Nos anos seguintes tamén ofertaba pasantías de Matemáticas, Física, Estatística, BUP e COU. A derradeira referencia localizada ata o momento data de 1984.
