Bodega O Carreteiro

Máis de 40 anos no barrio

Ubicación: Avenida da Concordia, 13
Apertura: Sobre 1981
Peche: 2020, reaberto en 2024

Aberta en 1981 no límite entre o Castrillón e Os Castros por Victoriano Becerra Mosquera, antigo coadjutor da igrexa de San Nicolás, motivo polo cal recibiu o sobrenome de “La taberna del cura” este bodegón tradicional era posiblemente o máis antigo da cidade en funcionamento segundo unha nova de 2016, ofrecendo cuncas e comida tradicional galega a unha clientela fiel. Pechou as súas portas no 2020, máis no 2024 unha nova rexencia recuperou este senlleiro establecemento do barrio, facendolle un pequeno lavado de cara, pero mantendo á tradicional clientela.