De Boimorto a Coruña
Ubicación: Rúa Monte das Moas, 3
Apertura: 1983
Peche:
No ano 1959, Ramón Pérez Rey chegou a Coruña procedente de Boimorto, tras traballar coma camioneiro e taxista por máis de 20 anos, no 1983 decidiu dar un xiro a súa vida e abriu o Mesón Coruña, unha taberna tradicional con grande éxito grazas as súas tapas cas cuncas e os seus callos, que gozaron de grande sona en toda a cidade, e que fixeron que incluso Arata Isozaki, arquitecto da Domus e premio Pritzker, debuxara aquí parte do esbozo do senlleiro museo coruñés. Ramón faleceu en 2016, pero o seu fillo continuou ao frente do negocio.