Salón novedades Gaiteira

O primeiro cinema do barrio

Ubicación: Rúa Gaiteira
Apertura: 1921
Peche: 1936

O salón novedades Gaiteira foi un teatro-cine inaugurado en 1921, propiedade de José Ledo Pereiro, se facían bailes, espectáculos teatrais, actos culturais, e tamén se proxectaban películas, dez anos antes da inauguración do Ideal Cinema, tamén na Gaiteira, chegando a anunciarse coma “Gran cine popular de Oza”, e traendo películas que estaban estreando nese mesmo momento en Madrid, o cal foi obxeto de alabanzas na prensa da época; tamén tivo cine sonoro. Pechou as súas portas no ano 1936.