Un edificio singular na Avenida de Oza
Ubicación: Avenida de Oza, 43
Apertura: 1966
Peche: 2012
O concesionario Citroën da actual Avenida de Oza, foi aberto por Luis Rodríguez Amado en 1964 coma estación de de servizo para o lavado e o engrase de camións. O negocio xurdiu nun momento de pleno desenvolvemento industrial, dando soporte aos transportistas que traballaban no recheo de San Diego. Non tardaría en dar o salto definitivo ao mercado automotriz, pois en 1966, pasou a comercializar oficialmente nese mesmo enclave os emblemáticos vehículos de Citroën, unha marca estreitamente ligada a Galicia pola súa gran factoría en Vigo, construíuse o edificio deseñado polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat. En 1970 o inmoble foi ampliado con tres plantas adicionais, consolidándose como unha das arquitecturas industrais máis singulares da cidade.
O concesionario pechou en 2012 no contexto da crise económica. Posteriormente, o Concello retirou a protección urbanística ao edificio, que chegou a contar cunha licenza de derrubo. A demolición, porén, nunca se materializou e a presión veciñal conseguiu finalmente que o inmoble recuperase a súa protección patrimonial.