Na curva de Casablanca dende 1959
Ubicación: Avenida do Pasaxe
Apertura: 1959
As orixes deste senlleiro espazo remóntanse ao ano 1959, cando o recoñecido arquitecto coruñés José María Iglesias Atocha recibiu o encargo do empresario Eulalio Mora para proxectar unha gran sede para a marca francesa. Iglesias Atocha concibiu unha peza mestra da arquitectura moderna e industrial da época, caracterizada por un deseño funcional e unhas monumentais vidreiras pensadas para expor os vehículos como se fosen xoias tecnolóxicas.
Co paso do tempo, a súa localización acabou facendolle un oco na memoria popular, aínda que por motivos moi distintos ao negocio. Ao situarse xusto no pronunciado xiro que conectaba a Avenida das Xubias cos Castros, o lugar pasou a ser bautizado popularmente como “A curva da Renault”. Antes da reforma viaria e da construción do viaduto nos anos noventa, este tramo era un dos puntos negros de tráfico máis perigosos da xeografía galega.
No plano comercial, Talleres Mora pechou as instalacións cara a 1995, tras chegar a ser o primeiro concesionario por ventas na empresa; tras algo máis de dous anos pechado, en xuño de 1997 anunciouse que o Grupo Caeiro, unha das firmas familiares máis potentes da automoción en Galicia, facíase ca concesión da Renault, e reabriu as portas do concesionario de Casablanca. A finais de 2023, o xigante luso Caetano Retail (o maior grupo de distribución de vehículos da Península Ibérica) mercou Caeiro, e dende entón o concesionario pertence a ese grupo, máis segue mantendo a súa actividade intacta.
Aviso informativo: Relación cos establecementos comerciais contidos nesta web:
Queremos aclarar que a información sobre este negocio e os contidos incluídos na sección “negocios senlleiros” publícanse nesta web cun fin puramente divulgativo e de posta en valor do noso patrimonio comercial, funcionando a modo de atlas histórico.
Non temos ningunha vinculación, asociación nin relación comercial oficial con este establecemento nin cos seus propietarios, máis aló de colaboracións puntuais que podan darse dentro do ámbito de promoción do barrio. Por tanto, non dispoñemos de información interna, horarios actualizados que non estean listados, nin xestión sobre os seus servizos. Para calquera consulta comercial, reserva o trámite, recomendamos contactar directamente co propio negocio.