Debido á alerta amarela por chuvia e á previsión de refachos de vento de ata 80 km/h, o Concello da Coruña procedeu ao peche preventivo de varios parques e espazos públicos.
📍 Entre os espazos pechados atópanse o Parque de Oza e A Cubela, así como outros parques e zonas arboradas da cidade.
🌳 A previsión é que estes espazos reabran mañá, mércores 30 de setembro, a primeira hora, unha vez revisadas as copas das árbores, sempre que non se prorrogue a alerta.
👉 Pedimos á veciñanza que extreme as precaucións e evite acceder aos espazos pechados mentres permaneza activa a medida.
📞 Se detectades incidencias relacionadas con árbores, colectores, papeleiras ou mobiliario urbano, podedes comunicalas ao 010, para que os servizos municipais poidan actuar o antes posible.
Grazas pola colaboración e moito coidado nestas horas.
