Droguería-Bazar Lamazares

Un bazar con máis de 50 anos

Ubicación: Avenida de Oza, 85
Apertura: 1974

Tras once anos vivindo en París, Josefa Miguelez e Manuel Lamazares, naturais de Lugo, asentaronse no barrio e abriron as portas deste bazar na Avenida de Oza hai xa máis de 50 anos. Nos seus inicios traballaban principalmente a perfumaría, os xoguetes e as lámpadas, máis coma todo negocio, ten que ir cambiando para sobrevivir, e actualmente en mans da súa filla Teresa Lamazares Miguelez dende o ano 2002, traballa principalmente o menaxe, o pequeno electrodoméstico e as flores de tela, máis hai algo que permaneceu invariable todos estes anos: o apoio da clientela, que volve unha e outra vez grazas ao trato e a seriedade do establecemento, permitindolles sobrevivir á apertura de grandes centros comerciales e franquicias de descontos.