Dando a nota dende 1970
Ubicación: Avenida de Oza, 19
Apertura: 1970
José Gómez, coñecido coma Pepe de Pazos, batería nas bandas Los Mayorales, Los Trovadores e un dos fundadores da orquesta Breogán, inagurou esta tenda de instrumentos músicais na primeira planta do número 47 da entón coñecida coma Avenida General Sanjurjo (hoxe correspondente ao número 19 da Avenida de Oza), con posterioridade, esta tenda pasou a ocupar o soto, conservando o nome, e dende 2019 ocupa o baixo do mesmo edificio no que abriu hai máis de 50 anos, donde sigue sendo unha referencia para toda a cidade no seu ámbito.
Deja una respuesta