Casa Sánchez

Unha cociña familiar ourensana que deixou pegada no barrio e cidade

Ubicación: Avenida de Oza, 17
Apertura: 6 de xaneiro de 1961
Peche: 2010


Casa Sánchez foi durante anos un deses locais que definían o verdadeiro espírito da cociña tradicional: proximidade, sabor e trato familiar. Estaba rexentado por Carmen Sánchez Álvarez, orixinaria de A Rúa (Ourense), que previamente fora cociñeira no restaurante Corinto da rúa da Galera, rexentado polos seus primos. Abriu no día de reis de 1961 no actual número 17 da Avenida de Oza; de seguido, a súa fama creceu ao abrigo do porto e dos camioneros de toda España que facían deste restaurante un punto de parada obrigada cando tiñan encargos na cidade.

A súa proposta gastronómica baseábase nunha cociña sinxela pero coidada, onde destacaban os produtos de tempada e as elaboracións feitas con mimo, seguindo a tradición culinaria galega.

O establecemento pechou as súas portas en 2010.