Entrevista a David Lozano na cadena SER pola exposición Love Velo no IES Monelos

Hoxe recibimos no local da asociación a visita do xornalista Saúl Roel, da Cadena SER, para entrevistar a David Lozano, coordinador do proxecto “Facendo barrio, facendo historia”, desenvolvido pola entidade en colaboración co Concello da Coruña.

A entrevista, realizada para o programa “Hoy por Hoy Coruña”, dirixido por Teba Chacón, permitiu conversar sobre a figura de Xosé Velo, protagonista da exposición “Love Velo”, que pode visitarse no IES Monelos ata o 16 de outubro. Tamén foi unha oportunidade para dar a coñecer os obxectivos, actividades e liñas de traballo de “Facendo barrio, facendo historia”, unha iniciativa dedicada á recuperación, conservación e divulgación da memoria histórica dos nosos barrios.

Queremos agradecer a Saúl Roel, a Teba Chacón e a todo o equipo de Cadena SER o seu interese polo proxecto e o tempo dedicado a difundir este traballo entre a cidadanía.

Podes ler a noticia e escoitar a entrevista na seguinte ligazón: https://cadenaser.com/galicia/2026/10/13/quien-fue-xose-velo-el-gallego-cuyo-desafio-a-franco-y-salazar-llego-hasta-kennedy-radio-coruna/