O decano do Mirador
Ubicación: Avenida do Exército, 21
Apertura: 1 de xullo de 1974
Fundado hai máis de medio século por María Primitiva Galego e Pedro Castro, naceu cunha proposta pouco habitual na época: unha casa de fondue inspirada na experiencia dos propietarios en Suíza, acompañada dunha coidada selección de viños.
Co paso do tempo, o establecemento foi transformándose ao mesmo ritmo co barrio, deixando atrás a influencia alpina para converterse nunha auténtica tasca de proximidade. A súa historia é tamén a dunha loita, a das descargas incontroladas do carbón, que nos momentos máis álxidos mesmo impedían tomar algo na súa terraza.
O carácter familiar foi sempre a súa esencia. Xeración tras xeración, a familia Castro manten vivo o negocio, facendo da proximidade e da fidelización a súa principal fortaleza. Pratos como a carne asada ou os callos, xunto coas tapas do vermú, convertéronse en sinais de identidade dun local onde tradición e continuidade van da man que xa cumpliu máis de 50 anos de actividade en pleno Mirador dos Castros.