A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros expresa o seu máis sentido pésame ás familias e persoas achegadas ás vítimas mortais do accidente ferroviario ocorrido esta mañá en Toledo, así como o seu apoio e desexo dunha pronta recuperación ás persoas feridas.
A asociación súmase á convocatoria realizada polo Concello da Coruña para este mércores, ás 20.00 horas, na praza de María Pita, como mostra de solidariedade e apoio ás familias afectadas.
Trasladamos o noso agarimo e solidariedade a todas as persoas que están a sufrir as consecuencias desta traxedia.
Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros
