A Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros pon á venda participacións da Lotería de Nadal co número 78902.
Prezo: 6 € por participación, repartidos da seguinte maneira:
5 € corresponden á participación da Lotería de Nadal.
1 € é un donativo destinado ao sorteo dunha Cesta de Nadal.
Como se determinará a persoa gañadora da cesta?
A cesta sortearase mediante a numeración dos recibos. Resultará gañador o recibo cuxas tres últimas cifras coincidan coas tres últimas cifras do número correspondente ao primeiro premio (O Gordo) do Sorteo Extraordinario de Nadal.
Anímate a colaborar coa asociación e apoiar as actividades culturais e veciñais do noso barrio.
💙 Moita sorte e grazas por colaborar!
