25 novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

A Coruña conmemora o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha programación de actividades
A Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Coruña, organiza unha programación de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A iniciativa inclúe xornadas, teatro, cine-fórum e obradoiros destinados a sensibilizar, reflexionar e afondar nas diferentes manifestacións das violencias machistas, así como nas novas formas de violencia que xorden nas contornas dixitais.
Programación de actividades
20 DE NOVEMBRO DE 2026

Xornada «Ciberviolencias na Era da extimidade»

Encontro para analizar, desde unha perspectiva feminista, social e xurídica, as novas formas de violencia machista nas contornas dixitais.

  • Horario: de 9.00 a 14.30 h.
  • Lugar: Auditorio da Fundación ONCE, Cantón Grande.
  • Actividade gratuíta con inscrición previa.
  • Inscricións ata o 18 de novembro.
    Formulario de inscrición

23 DE NOVEMBRO DE 2026

Teatro «Golpes», da compañía Aantena

Monólogo interpretado por Estíbaliz Veiga que aborda a escalada da violencia de xénero, as microviolencias cotiás e os mitos do amor romántico.

  • Horario: de 19.30 a 20.50 h.
  • Lugar: Auditorio do Fórum Metropolitano.
  • Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.
  • Non precisa inscrición previa.

24 DE NOVEMBRO DE 2026

Cine-fórum «La buena hija»

Proxección do filme dirixido por Júlia de Paz Solvas, seguida dun coloquio sobre a violencia vicaria e a violencia de xénero desde a mirada da infancia.

Participarán a directora do filme, Araceli Mira García e Eva Igualada Sañudo, coa moderación da xornalista Lara Vivero.

  • Horario: de 17.30 a 21.00 h.
  • Lugar: Auditorio de AFundación, rúa Cantón Grande, 8.
  • Invitacións gratuítas en Ataquilla ou na sede da Fundación ABanca.

27 DE NOVEMBRO DE 2026

Xornada «Violencia vicaria: identificar, previr e actuar»

Espazo de reflexión e aprendizaxe para comprender a violencia vicaria, identificar os seus mecanismos e analizar o seu impacto nas crianzas e nas nais.

  • Horario: de 9.00 a 14.00 h.
  • Lugar: Auditorio da Fundación ONCE, Cantón Grande.
  • Actividade gratuíta con inscrición previa.
  • Inscricións ata o 25 de novembro.
    Formulario de inscrición

2 DE DECEMBRO DE 2026

Obradoiro «Como sobrevivir á pandemia da pornografía na adolescencia»

Obradoiro impartido polo psicólogo e sexólogo Alejandro Villena Moya, dirixido a facilitar ferramentas para previr, detectar e abordar o impacto do consumo de pornografía e da violencia dixital na adolescencia.

  • Horario: ás 18.30 h.
  • Duración aproximada: 90 minutos.
  • Lugar: Quiosco Afonso, avenida dos Xardíns de Méndez Núñez, 3.
  • Actividade gratuíta con inscrición previa.
    Inscricións mediante correo electrónico: cim@coruna.gal, ata o 30 de novembro.
    Información sobre as inscricións
    Nas actividades que requiren inscrición previa, o prazo pecharase dous días antes da súa celebración, salvo que as prazas se completen con anterioridade.

Se unha persoa inscrita finalmente non pode acudir, agradécese que o comunique coa maior antelación posible a través do correo cim@coruna.gal, para poder ofrecer a praza a outra persoa interesada.

Todas as actividades son gratuítas.

Desde a Asociación Veciñal e Cultural Oza-Gaiteira–Os Castros animamos á veciñanza a participar nesta programación e a implicarse na sensibilización e na loita contra todas as formas de violencia machista.

Contra as violencias machistas, compromiso e implicación de toda a sociedade.