Galicia Gaiteira CF

Un clube centenario no barrio

Ano de fundación: 1926
Palmarés:
1 Trofeo González Chas
3 Primera División Modestos (1966-67, 1969-70, 1972-73).
1 Segunda División Modestos (1963-64).
1 Campeonato Gallego de Aficionados (1968-69).
4 Copa de La Coruña (1965-66, 1966-67, 1968-69, 1985-86).
1 Trofeo Caracas (1960).
RRSS:

O Galicia Gaiteira ten a súa orixe no Sporting Galicia, un equipo do barrio da Gaiteira alcumado Os Tabeiróns (tiburón) polo seu xogo brusco e viril que estableceuse oficialmente o 26 de abril de 1926, ingresando na Federación Local de Clubes Modestos de La Coruña, logrando o subcampeonato na tempada 1930-1931.

Ca Guerra Civil paranse os campeonatos de fútbol, e ca reanudación do campionato, por mor da prohibición do uso de topónimos estranxeiros nos nomes, pasa a chamarse oficialmente Galicia Gaiteira.

Os anos de maior esplendor do conxunto dos Castros, foron os da década dos 60, gañando a Copa Caracas (un trofeo doado por residentes venezolanos na Coruña), tres copas da Coruña en catro anos, conseguindo conseguindo ascender a primeira división de modestos (actual primeira futgal) como campións da segunda división, e dous ascensos a preferente como campións da primeira división de modestos.

De aquí saíron xogadores que chegaron a debutar en primeira división coma Pedro Mosquera (xogador do Real Madrid, Elche ou Deportivo da Coruña entre outros), Carlos Pita (Deportivo da Coruña e tercer xogador con máis partidos do CD Lugo) ou Iago Iglesias (Deportivo da Coruña ou Elche).

Pese a estes éxitos, a traxectoria dos últimos anos do Galicia Gaiteira foi complicada, no ano 2013 quedouse sen equipos de competición, conseguiuse salvar esa complicada situación, máis en 2023 volveu a ter problemas constituindose unha nova directiva que pouco a pouco mellorou a situación e permitiu que no 2026 este clube alcanzase os 100 anos de historia ainda en activo.


Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *