A historia do barrio en imaxes
Ao longo dos seus 50 anos de historia, a Asociación Veciñal Oza‑Gaiteira‑Os Castros foi reunindo un valioso arquivo fotográfico que recolle a vida do barrio e da propia entidade. Nel atopamos imaxes de festas, actos e mobilizacións veciñais; fotografías de denuncia que documentan as deficiencias do barrio; e tamén fotografías históricas que conservan a memoria das súas rúas, espazos e transformacións.



































