Atlético Godello

De Valdeorras aos Castros

En 2023 un grupo de amigos da comarca de Valdeorras afincados na Coruña, decidiron crear este clube de fútbol sala con sede nos Castros coma unha forma de unir a práctica de deporte e promoción da comarca de Valdeorras e o seu viño.

Na súa primeira tempada conseguiron ascender ao grupo de primeira división da 2ª futgal, categoría na que permanecen dende entón; paralelamente fan diversas actividades de promoción da comarca relacionadas co fútbol, como partidos con equipos coruñeses na comarca de Valdeorras ou un torneo no que o premio para cada participante foron botellas de Godello.


Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *