Asociación Cultural Donaire

Unha das asociacións senlleiras de música tradicional galega naceu nos Castros

A Asociación cultural Donaire naceu nos Castros no ano 2000, froito da iniciativa de varias familias amantes da cultura e tradicións galegas para ofertar un espazo onde aprender, practicar e compartir esa tradición.

Con moito traballo, esta iniciativa que comenzou con 40 familias foi medrando ata ter hoxe, 25 anos despóis, 90 clases, máis de 800 socios familiares e 1.300 asistentes as súas actividades, ademáis de ter foliadas regularmente por toda Galicia e mesmo no estranxeiro, e organizar anualmente dous festivais propios: O berce de Donaire e Dalle Donaire.