Da liga de peñas á liga galega
Ano de fundación: 2010
Palmarés: –
RRSS: –

O Cocteleira Cubela naceu no ano 2010 baixo o nome de A Cocteleira Club de fútbol, participando na liga da asociación de peñas durante tres anos, encadeando dous ascensos e acadando a primeira división na tempada 2012/2013.
Ante este éxito, na tempada 2013/2014, inscribense na federación galega de fútbol, comezando na 3ª autonómica de A Coruña Grupo 1, conseguindo o ascenso a 2ª autonómica, momento no que deciden mudar o nome do clube polo de Cocteleira Cubela Club de Fútbol, descendendo na tempada 2015/2016.
Aviso informativo: Relación coas entidades deportivas contidas nesta web
Queremos aclarar que a información sobre os equipos contidos no apartado “equipos deportivos” publicase nesta web con fins puramente informativos e de divulgación, funcionando a modo de atlas dos equipos históricos de barrio.
Non temos ningun vencellamento nin asociación oficial cos clubes nin coas súas directivas máis aló de colaboracións puntuais. Por tanto, non dispoñemos de información interna, datos de contacto privados nin xestión sobre as súas actividades. Para calquera trámite ou consulta oficial, recomendados contactar directamente coa entidade correspondente ou no seu defecto ca federación galega de fútbol.
