Artigo de Paulo Sexto Gantes, presidente da Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros
O fascismo non é só unha pantasma do pasado: segue presente en discursos de odio, movementos autoritarios e crises sociais. O fascismo é unha ameaza que non desaparece.
O fascismo non é só un réxime autoritario: é unha ideoloxía que busca destruír a democracia mediante a glorificación da violencia, o nacionalismo extremo, a supresión de disidencias e a creación dun «inimigo interno» (minorías étnicas, esquerdistas etc., etc.).
A súa lóxica é expansionista e excluínte, e adoita consolidarse explotando crises sociais, económicas ou culturais. Por iso, moitos argumentan que a súa dinámica intrínseca é violenta e non pode ser contida mediante diálogo ou reformas graduais.
Desde o movento veciñal non podemos quedar impasibles ante os discursos de odio nestes momentos, é a ocasión de adoptar medidas e debemos construír a alternativas. A mellor defensa é un mellor futuro.
O fascismo florece en crise. Combatelo non só implica resistir, senón tamén abordar as causas profundas que o alimentan: desigualdade, exclusión, falta de oportunidades…
Como facelo?
Fortalecer a democracia: protexer as institucións, promover a participación cidadá e garantir dereitos humanos.
Investir en educación: ensinar pensamento crítico e valores democráticos desde a infancia.
Crear redes de apoio: fomentar a solidariedade e a cohesión social para evitar que o medo e o odio impóñanse. E fortalecer o movemento veciñal
Publicado orixinalmente na Opinión de A Coruña o 18 de xullo de 2025
