O Lembranza Rock medra na súa segunda edición e consolídase cun festival gratuíto de dous días nas Festas de María Pita

O festival, que terá lugar os días 14 e 15 de agosto, volverá formar parte da programación oficial das Festas de María Pita e das Festas da Gaiteira, nas que se integra por segundo ano consecutivo, consolidándose como unha cita que busca dar visibilidade á diversidade e á calidade da música en galego.

A presentación en rolda de prensa contou coa participación de Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo da Coruña; Paulo Sexto, en representación da Asociación Veciñal e Cultural Oza/Gaiteira/Os Castros; Nuno Pico, líder de Grande Amore; e Xosé Manuel Pereiro, integrante de Océano Eskizo.

Durante a súa intervención, Paulo Sexto destacou que esta segunda edición “consolida o compromiso do Lembranza Rock coa música do país, coa lingua galega e coa veciñanza“, reafirmando a vontade da asociación de seguir impulsando un festival de referencia desde o barrio e para toda a cidade.

Pola súa banda, Gonzalo Castro subliñou o apoio da Concellería de Cultura a “iniciativas de base como esta, que apostan polo rock en galego e por unha escena musical cunha enorme potencia artística“. O concelleiro tamén puxo en valor “o compromiso da Asociación Veciñal nun tempo no que cómpre reivindicar cuestións tan básicas como a lingua, a veciñanza e a cultura de noso, especialmente nunha cidade historicamente comprometida como A Coruña“.

O Parque Europa acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Lembranza Rock, un festival organizado pola Asociación Veciñal e Cultural Oza/Gaiteira/Os Castros e o Concello de A Coruña, que este ano dá un novo paso adiante ampliando a súa duración a dúas xornadas e reforzando a súa aposta pola escena galega do punk, do rock e do metal.