Desde a veciñanza da Gaiteira – Os Castros queremos felicitar ao Concello da Coruña pola súa defensa dos intereses da cidade e do barrio de Oza ante a problemática da planta de tratamento de residuos no peirao de Oza.
A decisión do Supremo supón un paso importante na defensa do litoral, do medio ambiente e da calidade de vida da veciñanza.
Queremos tamén recoñecer especialmente o traballo e a preocupación da veciñanza do barrio de Oza, que leva anos defendendo o seu contorno e reclamando unha solución a esta problemática.
Parabéns ao Concello e á veciñanza por este importante paso na defensa do barrio e do interese xeral.
