Taberna Casa Saqués

75 anos de historia

Ubicación: Avenida de Oza, 41
Apertura: 1949
Peche: 2024

A orixe de este senlleiro establecemento está no ano 1947 nunha tasca fundada por Antonio Saqués Romay e Laura Carnero García en O Carballo (Oleiros), en 1960 instalase na hoxe coñecida coma Avenida de Oza, ofrecendo viños e a comida caseira; As estrelas da carta eran os callos, a tortilla e a carne asada, o cocido e os ovos Saqués.
O seu comedor estaba decorado con obras do artista Correa Corredoira (autor da rosa dos ventos da Torre de Hércules), e por el pasaron todo tipo de deportistas, artistas, toreros e todos os alcaldes e alcaldesas da cidade dende a súa apertura. En 2024 pechou as súas portas para sempre.