Dende un instituto dos Castros á cúspide do futsal femenino.
Ano de fundación: 1984
Ano de desaparición: 2005 (fusión co Viaxes Amarelle FSF)
Palmarés:
1 Campeonato galego de deporte escolar da Xunta de Galicia (1984-85)
1 Subcampeonato da liga da Coruña (1984-85)
1 Subcampeonato do Trofeo Teresa Herrera (1984-1985)
3 Ligas locais (1985-86, 1986-1987, 1987-88)
3 Ligas provinciais (1985-86, 1986-1987, 1987-88)
3 Ligas rexionais (1985-86, 1986-1987, 1987-88)
4 Copas de A Coruña (1985-86, 1986-87, 1987-88, 1989-90)
4 Trofeo Teresa Herrera (1985-86, 1986-87, 1987-88, 1988-89)
1 Trofeo IV Centenario María Pita (1989-90)
4 Subcampeonatos copa de SS.MM La Reina (1989-90, 1990-91, 1992-93, 1993-94)
1 Trofeo internacional Ciudad de Lisboa (1990-91)
1 Trofeo internacional Ciudad de A Coruña (1990-91)
4 Subcampeonato Liga Nacional División de Honor (1990-91, 1991-92, 1993-94, 1996-97)
2 Copa de SS.MM La Reina (1991-92, 1996-97)
1 Trofeo SEUR (1992-93)
1 Juegos universitarios internacionales da Maia (1992-93)
1 Trofeo Cidade de Chaves (1992-93)
1 Liga Nacional de División de Honor (1992-93)
2 Primera División Femenina de Fútbol Sala (1994-95, 1995-96)
2 Copa Ibérica (1993-94, 1995-96)
1 Copa de España (1994-95)
2 Trofeo internacional Superbowl (1995-96, 1996-97)
RRSS: –

O Club Sal Lence naceu do desexo de varias nenas de practicar o fútbol sala como actividade extraescolar; No ano 1984, non existían equipos nin torneos mixtos no fútbol base, e foi Victor Sieiro quen decidiu dar un paso adiante e constituir un equipo feminino de fútbol sala no instituto Sal Lence dos Castros, o talento das súas xogadoras fixo que xa nas súas dúas primeiras tempadas conseguiran alzarse cun campionato galego de deporte escolar, unha copa da Coruña e un trofeo Teresa Herrera, ademáis de sair campionas nas ligas local, rexional e provincial.
Ante este éxito, na tempada 1987-88, tan so tres anos despois da súa fundación, inscribense na Liga Nacional División de Honor, acadando xa nesa primeira tempada o 4º puesto, que repetirían ao ano seguinte. Na tempada 1989-90 quedaronse as portas do seu primeiro título nacional ao conseguir o subcampeonato da copa de SS.MM La Reina, e o mesmo acontecería na 1990-91, onde tamén quedarían 2as no campionato de Liga; ata tres xogadoras (Ana Silva, Beatriz Seijas e María Varela) serían chamadas ese ano para representar á selección española.
Á seguinte tempada (1991-92), quedarían 2as nunha Liga que se decidiu polo gol average, xa que quedaron empatadas a puntos co campión, máis tras dous subcampionatos consecutivos, conseguiron o primeiro título nacional do equipo: a copa de SS.MM La Reina; en menos de 10 anos o Sal Lence pasou de ser un equipo de instituto xogando nas ligas locais a ter un título nacional.
Curiosamente acontecería o mesmo co campionato de Liga, tras dous anos consecutivos conseguindo o subcampionato, na tempada 1992-93 proclamaríanse campionas de Liga, ademáis de xogar o torneo SEUR co Deportivo da Coruña e 5.000 personas na grada, gañar o trofeo Cidade de Chaves, os Juegos Universitarios Internacionales da Maia (Portugal), e ser novamente subcampionas da Copa de SS.MM La Reina.
Como campionas da Liga a tempada anterior, disputaron a copa Ibérica, que enfrontaba ás campionas de Portugal cas de España, conseguindo impoñerse, e quedandose novamente as portas de conseguir a Copa de SS.MM La Reina e en 2º lugar na Liga. En 1994 crease a Primera División Femenina de Fútbol Sala, organizada polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol, e o Sal Lence consigue facerse ca victoria na súa primeira edición (1994-1995) gañando tamén a terceira edición da Copa de España.1
A tempada seguinte, como campionas de Liga, volven disputar a copa Ibérica e gañala, e xogarán en Barcelona o torneo internacional Superbowl, no que conseguirán o primeiro posto, premiado con un millón de pesetas que volveran conseguir tamén ao ano seguinte.
Pouco a pouco acadase un grado de semiprofesionalización no fútbol sala feminino difícil de asumir económicamente, pois o presuposto do clube, a pesares dos éxitos deportivos e que as xogadoras non cobraban por xogar, sempre foi moi precario, ao tempo as integrantes do equipo comezan a recibir ofertas de outros clubes, e o clube comeza a entrar en declive. Un terceiro posto en Liga e a non clasificación para a copa na tempada 1997-1998 marcarán o fin dunha traxectoria brillante de 18 anos.
Para a temporada seguinte, Victor Sieiro decide subir ao 2º equipo do clube a xogar en División de Honor, pero o salto dende a Liga local á División de Honor é moi grande, e na tempada 1998-1999, descenden a Liga autonómica a pesares de contar con moi boas xogadoras coma Eva Manguan, que ainda hoxe encabeza a taboa histórica de máximas goleadoras da primeira división feminina de fútbol sala e foi distinguida en 2007 como a mellor xogadora do mundo nos UMBRO Futsal Awards.
Tras esta etapa gloriosa, a situación económica do clube comenzou a resentirse, facendose complicado manter o equipo, e así no ano 2005, fusionase co equipo Viaxes Amarelle de Santa Comba, que trasladase a Coruña, pero perde a súa vinculación co barrio e o instituto.
Notas:
1) A diferencia entre a Copa de España e a Copa de SS.MM La Reina é que na Copa de España entrabase por clasificación e so a xogaban as campionas das diferentes rexións do país, mentres que a Copa de SS.MM La Reina a xogaban todos os equipos sen necesidade de clasificarse.
Aviso informativo: Relación coas entidades deportivas contidas nesta web
Queremos aclarar que a información sobre os equipos contidos no apartado “equipos deportivos” publicase nesta web con fins puramente informativos e de divulgación, funcionando a modo de atlas dos equipos históricos de barrio.
Non temos ningun vencellamento nin asociación oficial cos clubes nin coas súas directivas máis aló de colaboracións puntuais. Por tanto, non dispoñemos de información interna, datos de contacto privados nin xestión sobre as súas actividades. Para calquera trámite ou consulta oficial, recomendados contactar directamente coa entidade correspondente ou no seu defecto ca federación galega de fútbol.
