Un dos grandes do fútbol coruñés tivo sede no barrio
Ano de fundación: 1978
Palmarés:
2 de División Preferente Autonómica Grupo I (2006-07, 2024-25)
2 de Primera División Autonómica Grupo I (2005-06, 2017-18)
2 de Segunda División Autonómica Grupo I (2004-05, 2015-16)
1 de Tercera División Autonómica Grupo I (2003-04)
1 Copas Diputación (2025)
2 Copas Coruña (2005, 2025)
RRSS:

As orixes do clube están no colexio Santa María do Mar, onde en 1968 xurde unha iniciativa lúdica e deportiva denominada Asociación Juvenil Montañeros del Sagrado Corazón, inicialmente destiñada ao excursionismo e ao baloncesto. En 1973, engadese a estas prácticas o fútbol, e en 1978 debido ao éxito da actividade, decidese crear un clube de fútbol para competir a nivel federado, nacendo así o Club Montañeros del Sagrado Corazón.
A pesares do éxito inicial, o clube está a piques de desaparecer no ano 1994 tras un periodo de escasa actividade, pero os xogadores e os pais movilízanse, e formase unha nova directiva que reestructura o clube e cambialle o nome a Montañeros Club de Fútbol e pouco a pouco consolida o equipo coma unha grande escola do fútbol base galego.
En 2003 o clube consigue un histórico patrocinio co Banco Galego, cambiando a súa denominación a Montañeros Club de Fútbol Banco Gallego, e creando un equipo senior, que comeza a competir na terceira rexional, pero ten un ascenso meteórico, enlazando catro ascensos consecutivos, chegando ata a terceira división na tempada 2007/2008, na que consegue salvar a categoría cun meritorio 8º posto; na tempada seguinte quedará 2º e disputará a promoción de ascenso a 2ªB, na que quedará eliminado, pero o descenso administrativo do Cidade de Santiago, permitiulle ao Montañeros ascender igualmente, estreandose na categoría de bronce do fútbol español na tempada 2009/2010; permanecerá tres campañas nesa categoría pero na 2011/2012, con problemas económicos, descenderá a terceira división tras quedar 18º.
Non voltará a xogar, a pérdida do apoio económico do Banco Gallego fara que o clube tome a drástica decisión de suprimir o equipo senior e centrarse nas categorías inferiores.
No ano 2014, o Atlético Coruña Club de Fútbol absorverá ao Montañeros e ao Sporting Universidad, volvendo a formar un equipo senior que ocupará a praza que o Sporting Universidad tiña na Segunda Autonómica, na tempada 2015/2016, o equipo conseguirá o ascenso, e o Montañeros cambiará o seu nome polo de Atlético Coruña Montañeros Club de Fútbol. Será nestes momentos cando o equipo instala a súa sede no barrio, na rúa ponte, 30 nun baixo que posteriormente ocupara o CRAT Coruña e onde permanecerá ata aproximadamente 2019.
Deja una respuesta