Grandes almacenes CODECO

A cooperativa de consumo que revolucionou o comercio nos Castros

Ubicación: Rúa da Merced, 63 e Avenida de Oza, 148
Apertura: 10 de outubro de 1974
Peche: Descoñecido

Dous anos despois da apertura no Centro Comercial Los Castros das Galerías de Alimentación “Los Castros”, estableceuse no mesmo centro comercial a Coruñesa de Consumo Sociedad Cooperativa (CODECO), unha cooperativa que, segundo diversas fontes, chegou a reunir arredor de 15.000 socios.

Segundo recolleron as novas da época, o espazo ocupaba uns 1.700 metros cadrados e ofrecía unha ampla variedade de artigos: Alimentación, perfumería, limpeza, electrodomésticos, xoguetes, ropa, menaxe e artigos para o fogar. Contaba na súa inauguración con 35 empregados e 2 xefes.

Para mercar en CODECO, era necesario dispoñer dunha tarxeta de socio da cooperativa (ainda que este requisito se liberalizou co tempo), e nos seus primeiros anos chegaronse a formar longas colas para acceder ao recinto; 9 anos despois, a mesma cooperativa abriría un hipermercado no polígono da Grela.


Cargando cuenta atrás...