Concesionario Renault

Na curva de Casablanca dende 1959

Ubicación: Avenida do Pasaxe
Apertura: 1959

As orixes deste senlleiro espazo remóntanse ao ano 1959, cando o recoñecido arquitecto coruñés José María Iglesias Atocha recibiu o encargo do empresario Eulalio Mora para proxectar unha gran sede para a marca francesa. Iglesias Atocha concibiu unha peza mestra da arquitectura moderna e industrial da época, caracterizada por un deseño funcional e unhas monumentais vidreiras pensadas para expor os vehículos como se fosen xoias tecnolóxicas.

Co paso do tempo, a súa localización acabou facendolle un oco na memoria popular, aínda que por motivos moi distintos ao negocio. Ao situarse xusto no pronunciado xiro que conectaba a Avenida das Xubias cos Castros, o lugar pasou a ser bautizado popularmente como “A curva da Renault”. Antes da reforma viaria e da construción do viaduto nos anos noventa, este tramo era un dos puntos negros de tráfico máis perigosos da xeografía galega.

No plano comercial, as instalacións de Casablanca estiveron ligadas durante décadas ao Grupo Caeiro, unha das firmas familiares máis potentes da automoción en Galicia. A finais de 2023, o xigante luso Caetano Retail (o maior grupo de distribución de vehículos da Península Ibérica) mercou Caeiro, e dende entón o concesionario pertence a ese grupo, máis segue mantendo a súa actividade intacta.