Libraría Carballido

A libraría do barrio

Ubicación: Avenida de la Concordia, 4
Apertura: 1990
Peche: 2022

Pilar Sanjurjo e Suso Carballido abriron en setembro de 1990 esta libraría, nun tempo no que o barrio non tiña librarías de referencia. Ainda que os inicios foron difíciles, conseguiría pouco a pouco convertirse nun referente en toda a cidade, especializada principalmente en libros de historia, ensaio e temática galega, incluindo libros descatalogados.

Foi tamén un faro cultural para o barrio, con presentacións de libros, encontros literarios, contacontos e outras actividades, como a firma levada a cabo por Manuel Rivas polo 20 aniversario da libraría, que ocasionou grandes colas. Pechou en 2022 tras 32 anos de actividade, pola xubilación dos seus propietarios.